UNDERFEST

Este é un evento repetitivo

11nov18:00CICLO DE CINE “Unha conexión estética”ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:00(GMT+01:00) MARCO

Detalles do eventos

En paralelo á exposición de Irene González, “Se lembrar fose esquecer”, o MARCO organiza un ciclo de cine de cinco sesións, dirixido por José Manuel Mouriño, concibido como unha oportunidade para afondar na obra de Irene González a través da imaxe, os sons e o tempo dunha selección de referencias cinematográficas. En cada sesión, a  proxección do filme está acompañada dunha charla-coloquio a cargo de relatores convidados.

Lugar: salón de actos

Datas: martes 11, 18 e 25 de novembro; martes 2 e 9 de decembro de 2025

Horario: de 18.00 a 20.30 (consultar detalles programa en cada sesión)

ENTRADA LIBRE ata completar capacidade

Programa

Martes 11 novembro

18.00 – Presentación do ciclo por parte do seu director, José Manuel Mouriño
18.15 – Proxección do filme El espejo (Andréi Tarkovski, 1975)
20.15 – Charla a cargo de José Manuel Mouriño, e coloquio co público asistente

Martes 18 novembro

18.00 – Proxección do filme El otoño de la familia Kohayagawa (Yasujirō Ozu, 1961)
20.00 – Charla a cargo de Sabela Mendoza, e coloquio co público asistente

Martes 25 novembro

18.00 – Proxección do filme Frágil como el mundo (Rita Azevedo Gomes, 2001)
19.45 – Charla a cargo de Oriana Méndez, e coloquio co público asistente

Martes 2 decembro

18.00 – Proxección das curtametraxes de Maya Deren : Un falso despertar (Maya Deren, 1943), En tierra (Maya Deren, 1944), Ritual en tiempo transfigurado (Maya Deren, 1946)

19.15 – Charla a cargo de Alberto Ruiz de Samaniego e coloquio co público asistente

Martes 9 decembro

18.00 – Proxección do filme Muchacha junto a una ventana leyendo una carta (Jean-Claude Rousseau, 1983)

19.00 – Como peche do ciclo, visita guiada á exposición de Irene González, na compaña da artista, e conversa co público asistente.

Hora

11 novembro, 2025 18:00(GMT+01:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events