Ciclo de Cine Submarino – A Movida

novembro, 2018

13nov20:00Ciclo de Cine SubmarinoPROXECCIÓNS | De balde20:00 Teatro García Barbón

Máis

Detalles do evento

Como cada mes de novembro, cando os temporais enredan o vento e as ondas máis altas chegan á costa, o mar de Galicia e todos os mares do mundo convídannos a descubrir os seus segredos, a súa beleza e todo o seu esplendor. Estas imaxes achéganolas esta nova edición da Semana de Cine Submarino Universidade de Vigo, fito cultural de primeiro nivel e referencia obrigada para as e os amantes do mar e do cine.

A 28ª edición do Ciclo de Cine Submarino da Universidade de Vigo celébrase no Teatro García Barbón entre o 13 e o 15 de novembro e a entrada é gratuíta.

MARTES 13:

NUESTRO PLANETA AZUL (20:00)

Os océanos están en perigo como nunca antes estiveron na historia da humanidade. Neste episodio coñeceremos os pioneiros que loitan para reverter esta tendencia. En Noruega, o científico e especialista en peixes Leif Nottestad ensinaranos como se recuperou o arenque que hai cincuenta anos estivo a piques de desaparecer debido á pesca intensiva. Pola súa parte, a bióloga mariña Eve Jourdan contaranos como desde 1982 as candorcas están protexidas neste país escandinavo, polo que contan cunha das poboacións máis grandes do mundo. Outras formas de contaminación son moito máis coñecidas: cada ano máis de 8 millóns de toneladas de plástico acaban no océano. Nas illas Xeorxias do Sur, a investigadora Lucy Quinn falaranos do impacto que ten este material nos albatros viaxeiros. Mentres, na costa leste dos Estados Unidos, os investigadores e investigadoras estudan as misteriosas mortes de golfiños novos; sospéitase que as toxinas artificiais do plástico poderían ser a causa principal.

ANSIAO: EXPEDIÇAO ÀS PROFUNDEZAS (21:00)

No fondo, debaixo da superficie, unha cova somerxida agarda para ser explotada. Un descenso vertical nun pozo de 45 metros de profundidade. Unha fractura subterránea chea de auga cristalina. Un equipo de vinte espeleólogos montaron unha expedición para avanzar máis no coñecemento desta cova somerxida. A súa existencia coñécese desde a década dos cincuenta, pero é o espeleólogo-mergullador João Neves quen conseguiu verdadeiramente iniciar a explotación desta cova. Así, en 2017 efectuouse a primeira «expedición pesada» para avanzar máis na explotación desta gruta. Este é o documental desa expedición profunda.

 

PROGRAMACIÓN MÉRCORES 14

PROGRAMACIÓN XOVES 15

Hora

(Martes) 20:00

Lugar

Teatro García Barbón

Policarpo Sanz ,13 36202

Organizador

X