Ciclo de Cine Submarino – A Movida

novembro, 2018

15nov20:00Ciclo de Cine SubmarinoPROXECCIÓNS | De balde20:00 Teatro García Barbón

Máis

Detalles do evento

Como cada mes de novembro, cando os temporais enredan o vento e as ondas máis altas chegan á costa, o mar de Galicia e todos os mares do mundo convídannos a descubrir os seus segredos, a súa beleza e todo o seu esplendor. Estas imaxes achéganolas esta nova edición da Semana de Cine Submarino Universidade de Vigo, fito cultural de primeiro nivel e referencia obrigada para as e os amantes do mar e do cine.

A 28ª edición do Ciclo de Cine Submarino da Universidade de Vigo celébrase no Teatro García Barbón entre o 13 e o 15 de novembro e a entrada é gratuíta.

XOVES 15:

CÓMO SE HIZO PLANETA AZUL II (20:00)

Descubriremos Como se fixo Planeta Azul II, unha ambiciosa produción da BBC gravada ao longo de catro anos, nos cales se realizaron máis de 125 expedicións en 39 países diferentes. Coñeceremos as persoas e os equipos que fixeron posible esta serie e compartiremos con eles as anécdotas da rodaxe: as dificultades ás que se enfrontaron ou a emoción de conseguir novos fitos científicos como descubrir novas especies ou alcanzar novos récords. Os equipos de gravación pasaron máis de 1500 días no mar gravando en todo tipo de hábitats: desde as nosas próximas costas ata as misteriosas profundidades abisais, desde os ateigados arrecifes de coral aos inhóspitos desertos submarinos.

SEGREDOS DA MAREA (20:50)

Desde hai séculos Galicia está estreitamente vinculada co mar. A súa actividade pesqueira é un alicerce da súa sociedade, a súa economía e a súa gastronomía. Pero existe un valor moito menos coñecido e divulgado, a súa riqueza biolóxica. Galicia esconde baixo as súas augas moitas especies e comportamentos descoñecidos para o pobo galego, un verdadeiro tesouro biolóxico. Como se reproducen estas especies?, como loitan?, como se alimentan?

 

PROGRAMACIÓN MARTES 13

PROGRAMACIÓN MÉRCORES 14

Hora

(Xoves) 20:00

Lugar

Teatro García Barbón

Policarpo Sanz ,13 36202

Organizador

X