>

23xuñ12:00Ciclo Conexións: Peli De CanCONCERTOS | De balde12:00(GMT+02:00) Praza da Pedra

Detalles do eventos

O Programa Cultural Conexións continua enchendo de arte o día a día dos vigueses. Mañá, martes 23 de xuño, ás 12.00 horas, a praza da Pedra converterase nun escenario aberto onde o folk galego e a danza tradicional serán protagonistas, sempre que o tempo acompañe.
O público poderá desfrutar da actuación de Pelica de Can, formación integrada polo compositor e guitarrista Ernesto Campos, a cantante e percusionista Leni Pérez e o gaiteiro Marcos Campos. Xunto a eles, dous bailaríns poñerán
movemento a unha mañá chea de ritmo e raíces galegas, cun repertorio que inclúe pezas populares como Xota Pelica ou Costureiriña.
Esta nova edición de Conexións aposta ademais por ampliar horizontes culturais e atraer novos públicos coa incorporación de propostas de artes escénicas incluíndo actividades dirixidas a bebés- e estilos pouco habituais na programación urbana, como a música medieval. Esta última permitirá establecer un diálogo único entre o patrimonio románico da cidade e a experiencia sonora.
A programación continuará o xoves 25 de xuño ás 12.00 horas con Conexións Clásico na Alameda de Bouzas. A Fundación Mayeusis -organizadora do programa coa colaboración do Concello de Vigo- anima á cidadanía a participar nestas actividades gratuítas ó aire libre, que buscan integrar a cultura na vida cotiá e converter Vigo nun grande escenario aberto á creación artística.

Hora

23 xuño, 2026 12:00(GMT+02:00)

Localización

Praza da Pedra

Praza da Pedra 36202 Vigo Pontevedra

Other Events