xuño, 2019

21xuñ19:30Ciclo BIGOVARCELONA II: O corpo na miradaINAUGURACIÓN EXPOSICIÓN | De balde19:30 Cubo Vigo

Máis

Detalles do evento

A mirada é o centro da exposición. Como a mirada é o centro, en moito sentidos, do que nos fai ser humanos. Sabemos que usamos o verbo “ver” para referirnos a unha actividade perceptiva, coa cal integramos información do exterior e comportámonos en consecuencia. Sabemos tamén que cando “miramos”, a nosa percepción visual vai máis aló desta recollida de datos incorporando unha identificación máis elaborada dos obxectos, unha valoración e, en consecuencia, un diálogo. Isto pasa especialmente cando uns ollos “ven” a outros ollos. O recoñecemento de que somos “vistos” incomódanos, fascínanos, afáganos ou nos inquieta. Iso pasa mesmo con máis forzas cando son os nosos ollos que miran o seu propio reflexo, por exemplo, nun espello.

Habitualmente a pintura son imaxes que miramos, que contemplamos. Son obxectos pasivos que recollen a nosa mirada. Nesta exposición as paredes énchense de ollos e son as imaxes as que nos miran. Intercambiándose os papeis. Quen é o espectador aquí? Ollos e máis ollos que desde a parede inquieren ao visitante, interpélano. Ese xiro nas posicións habituais que cada un ocupa, axúdanos a pensar en que é unha imaxe e que significa mirala.

Yolanda Dorda
Yolanda formouse inicialmente como escultora pero os pinceis convertéronse, aos poucos, no seu medio expresivo. Realizou exposicións, tanto colectivas como individuais, en diferentes salas e institucións da Península. Vive e traballa na Coruña.

Sandro Solsona
Sandro é brasileiro de nacemento e catalán de adopción. No seu país traballaba no campo da publicidade e o deseño. Finalmente, viaxa a Barcelona e decide dedicarse exclusivamente á creación de imaxes. O seu medio expresivo é o aerógrafo. Presentou a súa obra en diferentes exposicións. Vive e traballa en L’Hospitalet.

Hora

(Venres) 19:30

Lugar

Cubo Vigo

Rúa do Doutor Cadaval, 17-b 36202 Vigo Pontevedra

X