CANS

25mar19:30Begoña Caamaño, escritora e feministaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde 19:30(GMT+01:00) A Morada

Detalles do eventos

O BNG de Vigo organiza o Ciclo Begoña Caamaño dentro da programación das Letras Galegas 2026, unha iniciativa cultural que pretende reivindicar a figura da escritora e xornalista mediante mesas redondas e roteiros pola cidade. O programa busca amosar a súa relación con Vigo, a cidade que a viu nacer, medrar e formarse, e que marcou a súa conciencia social e compromiso co activismo.

A través deste ciclo, o BNG tamén propón conceder de forma póstuma a Medalla de Ouro de Vigo, máximo recoñecemento da cidade, así como nomear a Praza do Calvario fronte ao IES Castelao, un lugar simbólico da súa infancia, en honor a Begoña Caamaño.

Programa de actividades:

Mércores 25 de marzo | 19:30 h | A Morada
Mesa redonda: Begoña Caamaño, escritora e feminista
Participan: Bea Caamaño, Ester Mariño e Marta Dacosta
Presenta: Ana Martínez, concelleira do BNG en Vigo

Venres 24 de abril | 19:30 h | La Contenedora
Mesa redonda: Begoña Caamaño e a loita polo dereito á información
Participan: Concha de la Fuente e Xosé Manuel Pérez
Presenta: Roberto Pascual

Sábado 9 de maio | 11:30 h | Librería Cartabón
Roteiro: O Vigo de Begoña Caamaño: o Calvario
Guiado por: Ramón Nicolás e Bea Caamaño

Sábado 23 de maio | 11:00 h | Volcáns Avenida Castelao
Roteiro: O Vigo de Begoña Caamaño: Coia e as loitas veciñais
Guiado por: Serafín Otero e Bea Caamaño

Venres 5 de xuño | 19:30 h | Évame Oroza
Mesa redonda: Begoña Caamaño: activismo ao servizo do país
Participan: Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago de Compostela
Presenta: Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG en Vigo

Inscrición para os roteiros: culturabngvigo@gmail.com
Teléfono: 986 44 73 00

Hora

25 marzo, 2026 19:30(GMT+01:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events