XERAIS

05xuñ19:30CICLO BEGOÑA CAAMAÑO: MESA REDONDAACTIVIDADES PARA O COCO | De balde 19:30(GMT+02:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

O BNG de Vigo organiza o Ciclo Begoña Caamaño dentro da programación das Letras Galegas 2026, unha iniciativa cultural que busca lembrar e reivindicar a figura da escritora e xornalista Begoña Caamaño a través de mesas redondas e roteiros pola cidade de Vigo.

Programa de actividades:

  • Mércores 25 de marzo | 19:30 h | A Morada
    Mesa redonda:Begoña Caamaño, escritora e feminista

    • Participan: Bea Caamaño, Ester Mariño e Marta Dacosta
    • Presenta: Ana Martínez, concelleira do BNG en Vigo

  • Venres 24 de abril | 19:30 h | La Contenedora
    Mesa redonda:Begoña Caamaño e a loita polo dereito á información

    • Participan: Concha de la Fuente e Xosé Manuel Pérez
    • Presenta: Roberto Pascual

  • Sábado 9 de maio | 11:30 h | Libraría Cartabón
    Roteiro:O Vigo de Begoña Caamaño: o Calvario

    • Guiado por Ramón Nicolás e Bea Caamaño

  • Sábado 23 de maio | 11:00 h | Volcáns da Avenida Castelao
    Roteiro:O Vigo de Begoña Caamaño: Coia e as loitas veciñais

    • Guiado por Serafín Otero e Bea Caamaño

  • Venres 5 de xuño | 19:30 h | A.C. Évame Oroza
    Mesa redonda:Begoña Caamaño: activismo ao servizo do país

    • Participa: Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago de Compostela
    • Presenta: Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG en Vigo

Inscrición para os roteiros: culturabngvigo@gmail.com
Teléfono: 986 44 73 00

Hora

5 xuño, 2026 19:30(GMT+02:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events