Chus Navajo – A Movida

novembro, 2018

24nov22:00Chus NavajoCONCERTO | 4,00 €22:00 La Casa de Arriba

Máis

Detalles do evento

O músico e cantautor madrileño Chus Navajo chega a Vigo para presentar as cancións do seu último traballo, titulado “Mis Mejores Enemigos”. Música de autor con aroma a folk e rock americano, nun formato acústico e próximo onde o público acaba sendo protagonista da canción.
O concerto terá lugar o sábado 24 na Casa de Arriba (Martin Codax, 23; 22.00) e o prezo da entrada é de 4 euros. O artista vén presentando o seu primeiro traballo en solitario, un disco gravado o pasado inverno dacabalo entre as cidades de Madrid e Barcelona. Ademais do bo facer das súas letras, neste traballo o músico presenta unha interesante mestura de estilos que vai da canción de autor intimista ao rock de estrada, pasando polo country e folk americano e achegándose mesmo a ritmos máis propios da música reggae. Unha boa oportunidade para gozar desta proposta musical versátil, nova e de calidade.

Hora

(Sádado) 22:00

Lugar

La Casa de Arriba

Rúa Martín Códax, 23, 36201 Vigo, Pontevedra

X