Chus Lago presenta a novela infantil 'Fata y el viaje al Ártico en submarino'
Detalles do eventos
A alpinista, escritora e exconcelleira en Vigo presenta mañá o libro infantil Fata y el viaje al Ártico en submarino. A cita é ás 19:00h
Detalles do eventos
A alpinista, escritora e exconcelleira en Vigo presenta mañá o libro infantil Fata y el viaje al Ártico en submarino. A cita é ás 19:00h na sétimo andar de El Corte inglés e a escritora estará acompañada de Manuel Sanjurjo, neto do inventor do submarino, Antonio Sanjurjo, e polo xornalista Rafa Valero.
Entre cumio e cumio, a recoñecida alpinista viguesa leva moitos anos dando renda solta a outra das súas paixóns, a literatura. Son xa sete os libros publicados por Chus Lago e, como non podía ser doutro xeito, en todos eles a montaña e a paisaxe teñen un papel protagonista. Conta que descubriu a súa paixón pola lectura e a escritura “lendo os relatos de autores galegos, como Anxel Fole e Uxío Novoneyra que falaban do Courel, mentres facía prácticas nunha biblioteca”.
Acaba de publicar Fata y el viaje al Ártico en submarino, a segunda entrega dunha colección de libros infantís nos que Fata percorre os territorios que deixaron coa boca aberta á escritora durante as súas expecicións. Na primeira entrega, a protagonista subía ao Everest, tal e como Lago fixo en varias ocasións, e nesta segunda procurará un barco afundido no océano Ártico. Ademais da aventura de ficción, Chus está especialmente orgullosa do epílogo dos libros, nos que debulla os datos reais que aparecen na historia (a investigadora ou o propio pecio) e aporta datos sobre os escenarios nos que se desenvolve a historia.
A súa faceta como escritora infantil chega nun momento no que a deportista acaba de ter ao seu primeiro fillo. A falta de tempo derivada da maternidade, xunto á ilusión de escribir algo que o seu fillo poderá ler pronto están na súa motivación para centrarse na literatura infantil. “Hai moito que contar sobre aventuras polares, tamén para nenos”,explica a montañeira, que xa está a escribir o terceiro libro da colección.
Sinopse:
Fata e Pemba están a piques de partir cara ao Ártico en busca dun barco de rescate que desapareceu cando trataba de atopar ao explorador John Franklin en 1850. Para poder localizalo, deben coñecer a historia da expedición Franklin e así poder seguir as pistas que os leven a atopalo. Manolo Sanjurjo, un destacado membro do RCIMA, achegará a solución para levar a cabo esta fabulosa viaxe polos xeos boreales.
Máis
Hora
16 novembro, 2023 19:00(GMT+02:00)
Localización
El Corte Inglés
Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes