08out(out 8)18:00Churrugaza busca artistas solidariosARTE E MUSEOS | De balde18:00(GMT+02:00)
Detalles do eventos
O Festival Cultural Benéfico Churrugaza regresará ao bar Tinta Negra, no barrio de Churruca, do 8 ao 11 de outubro, cunha nova edición que combinará cultura e solidariedade.
Detalles do eventos
O Festival Cultural Benéfico Churrugaza regresará ao bar Tinta Negra, no barrio de Churruca, do 8 ao 11 de outubro, cunha nova edición que combinará cultura e solidariedade. O programa incluirá unha exposición e poxa benéfica de obras e artigos, cuxa recadación se destinará integramente a proxectos de axuda humanitaria en Palestina pola UNRWA.
Na súa primeira edición, celebrada en decembro de 2025, Churrugaza conseguiu recadar preto de 3.000 euros entre as 45 obras vendidas, o bote solidario e a comida.
As organizadoras teñen agora aberto o prazo para recibir obras e artigos para a exposición e poxa da segunda edición. Para participar, cómpre enviar un correo a churrugaza@gmail.com cunha proposta do material que se quere doar, acompañada dunha fotografía, descrición e prezo de venda.
As doazóns poderán entregarse no Tinta Negra entre o 25 de setembro e o 4 de outubro. Non hai límite no número de pezas e, no caso de que algunha non se venda, será devolta á persoa doadora. A iniciativa tamén está aberta a persoas de fóra de Vigo, que poderán enviar as súas doazóns. Non é necesario estar presente durante o festival, xa que haberá persoas voluntarias encargadas da venda.
Hora
8 outubro, 2026 18:00(GMT+02:00)
Hoxe móvese
setembro



