
20xuñ20:00CHUNGO PASTELCONCERTOS | De balde20:00(GMT+02:00) El Corte Inglés
Detalles do eventos
Con motivo do Día Europeo da Música, El Corte Inglés organiza un concerto de Chungo Pastel, na marquesiña da Gran Vía. Coincidindo
Detalles do eventos
Con motivo do Día Europeo da Música, El Corte Inglés organiza un concerto de Chungo Pastel, na marquesiña da Gran Vía.
Coincidindo co solsticio de verán, Europa celebra o 21 de xuño o Día Europeo da Música, unha xornada dedicada á reivindicación e promoción da música como linguaxe universal da humanidade. A orixe desta celebración remóntase a 1976, cando o músico Joël Cohen, propuxo celebrar os «Saturnais da música» os días 21 de xuño e 21 de decembro. Na primeira edición, bandas e músicos saíron ás rúas de Toulouse a tocar durante a noite do 21 de xuño.
Chungo Pastel, a formación musical nada das actividades da Fundación Igualarte, tocará cancións do seu novo disco Sin filtro. Juan Bartolomé á guitarra; Roi Garrido na batería e Carmen Gómez tocando o baixo, acompañados pola súa profesora e tamén integrante do grupo Jimena Maguna, interpretarán cancións como ‘Musgo’ (un tema dedicado a Galicia) ou ‘Paralelos’ (cunha importante mensaxe á sociedade no que reivindican “vivir como o resto da xente”).
Un dos obxectivos da Fundación Igualarte é que o seu alumnado, con diversidade funcional, se integre socialmente a través da cultura, perseguindo, tamén, a súa profesionalización.
Máis
Hora
20 xuño, 2025 20:00(GMT+02:00)
Localización
El Corte Inglés
Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualxullo
- Mes actual