>
11xuñ(xuñ 11)16:0014(xuñ 14)22:30Festival AzulFESTIVAIS E FEIRAS|Varios16:00 - 22:30 (14)(GMT+02:00)
Detalles do eventos
A Ría de Vigo converterase entre o 11 e o 14 de xuño nun gran escenario de experiencias náuticas, turísticas, deportivas e culturais coa celebración dunha nova edición
Detalles do eventos
A Ría de Vigo converterase entre o 11 e o 14 de xuño nun gran escenario de experiencias náuticas, turísticas, deportivas e culturais coa celebración dunha nova edición do Festival Azul, unha iniciativa impulsada polo Clúster Náutico Rías Baixas para achegar o mar á cidadanía.
Durante catro días, o público poderá participar en actividades para todos os gustos, desde bautismos de vela, surf, paddle surf ou dragon boat ata propostas máis relaxadas e divulgativas como visitas ao Hidria Segundo, o Observatorio Nautilus, obradoiros de identificación de algas ou cruceiros pola ría.
Como novidade desta edición destaca a regata solidaria Velas polo Alzheimer, unha cita que combina a paixón pola navegación coa sensibilización arredor desta enfermidade.
A maioría das actividades contan con prazas limitadas e requiren reserva previa. A información detallada de cada proposta e o acceso aos formularios de inscrición están dispoñibles na web do festival.
Hora
11 xuño, 2026 16:00 - 14 xuño, 2026 22:30(GMT+02:00)



