
Festival Agarima
07mar16:0021:00Festival AgarimaFESTIVAIS E FEIRAS | 5,00 €16:00 - 21:00(GMT+01:00) Sala Ártika
Detalles do eventos
A cidade de Vigo acolle a segunda edición de Agarima, un festival de cinema nacido da necesidade dun espazo onde presentar e proxectar proxectos audiovisuais
Detalles do eventos
A cidade de Vigo acolle a segunda edición de Agarima, un festival de cinema nacido da necesidade dun espazo onde presentar e proxectar proxectos audiovisuais xerados nas escolas de cinema galegas, centros formativos audiovisuais ou como ópera prima de novos directores.
Organizado polos colectivos galegos Nidara Studio e Ondamar Films, Agarima pretende converterse nun referente dentro do panorama audiovisual galego, tecendo unha rede entre artistas emerxentes da zona. Tras o éxito acadado na súa primeira edición, contando con máis dun centenar de asistentes no Teatro Principal de Pontevedra, os creadores, Manu Sacoga e Eva Vaeli, deciden traer o festival á súa cidade, Vigo. O evento celébrase a tarde do venres, 7 de marzo, na Sala Ártika entre as 16:00 e as 21:00 h.
Os graduados en Comunicación Audiovisual e Belas Artes pretenden funcionar como un escaparate que, anualmente, mostre o talento que hai na universidade e centros formativos da nosa terra, dando visibilidade a un gran descoñecido: o cinema galego xove.
A programación completa é a seguinte:
Sección non competitiva:
- Non sinto a forma (Óscar Silva)
- Senda Estrela (Manu Sacoga e Eva Vaeli)
Sección kaleidoscopio (non ficción):
- Muiño d’abaixo (Cris Souto)
- .jpeg (Anxo González)
- A mirada delas (Clara Maseda)
- Teño que aprender a chorar de novo (Dani Iglesias)
Sección cometa (ficción):
- Gralla (Rebeca Tella e Daniel Filloy)
- Aracne (Dani Iglesias)
- May You Live to See the Dawn (Patricia Lleras e Ramón Martínez)
- Trastos (Javier Blanco)
Sección asubío (videoclip):
- Bordeaux (Sara Gimeno)
- Mario crush (Ash Diz)
- Y (Toño Blanco)
- Shapeshifting (Elena F. Díaz e Vanessa Parente)
- Todas las cosas bonitas (Marcos Herrera)
- Mushishi (Óscar Silva)

Máis
Hora
7 marzo, 2025 16:00 - 21:00(GMT+01:00)
Localización
Sala Ártika
Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualmarzo
- Mes actual