ORQUESTRA CLÁSICA

28mar12:00Charla 'O Vigo que viron os franceses na Reconquista'AS NOSAS FESTAS | De balde 12:00(GMT+01:00) Centro Cívico do Casco Vello

Detalles do eventos

A Reconquista acollerá unha xornada de charlas históricas no Centro Cívico do Casco Vello, convertido para a ocasión no Cuartel Xeral Francés. Estas conferencias desenvolveranse o sábado 28 e teñen por obexectivo afondar no Vigo de 1809 e nos feitos históricos que retrata esta celebración.

O programa dará comezo o sábado ás 12:00 horas coa charla O Vigo que viron os franceses na Reconquista, impartida por Jorge Lamas Dono (Instituto de Estudos Vigueses), na que se ofrecerá unha visión detallada da cidade durante a ocupación francesa.

Pola tarde, ás 16:00 horas, terá lugar a conferencia Introdución ás armas e uniformes da época napoleónica, a cargo de Falcata-Hema, achegando ao público unha perspectiva máis práctica e visual sobre o contexto militar do momento.

Esta iniciativa supón un fito dentro da Reconquista, ao integrar por primeira vez un espazo dedicado á reflexión histórica, permitindo aos asistentes afondar no coñecemento dos feitos que marcaron a identidade da cidade. Así, Vigo dá un paso máis na posta en valor do seu pasado, combinando tradición, divulgación e memoria colectiva nunha experiencia única.

Estas actividades forman parte do programa oficial da Reconquista de Vigo, a festa popular máis emblemática da cidade. A programación arranca o sábado 21 de marzo coa representación da destitución da comitiva francesa e a chegada das tropas napoleónicas, pero será o venres 27 cando comece a festa grande coa apertura do tradicional mercado e toda a programación musical e infantil. Entre o venres e o domingo a música será protagonista no Casco Vello, con máis de 50 actuacións espalladas polos nove torreiros desta edición. Ardentía, Acordereita, O Son do Río, Mari Carmen, Tarambainas ou Ferreñas da Oliveira serán algunhas das agrupacións presentes, mentres que no Berbés se habilitará unha zona infantil con espectáculos para público familiar como Cé Orquestra Pantasma, Peter Punk ou o Mago Kali.

Hora

28 marzo, 2026 12:00(GMT+01:00)

Localización

Centro Cívico do Casco Vello

Rúa Oliva, 12, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events