
Detalles do eventos
Constancia, cabeza e corazón é o título da nova conferencia de Educación s. XXI a cargo da triatleta paralímpica Susana Rodríguez Gacio. Ela é a protagonista do encontro
Detalles do eventos
Constancia, cabeza e corazón é o título da nova conferencia de Educación s. XXI a cargo da triatleta paralímpica Susana Rodríguez Gacio. Ela é a protagonista do encontro no que nos vén falar sobre como lle afecta e como enfronta a súa discapacidade no deporte e no día a día. Será na Sede Afundación de Vigo o venres 1 de marzo, ás 19.00 h.
A superación, a loita e o esforzo, levaron a Susana, médica de profesión, ao máis alto do podio e da súa vida. Susana, que acaba de recibir o Premio Nacional de Deporte xunto con Carlos Alcaraz, é, sen dúbida, toda unha inspiración. Como ela mesma di: «os límites existen, pero hai que achegarse a eles o máximo posible».
Esta conferencia entra dentro dunha serie de encontros que programamos desde Afundación sobre motivación e diversidade como sinónimo de excepcionalidade para a comunidade educativa. Trátase de historias reais que presentan enfoques positivos e necesarios ante as capacidades diversas, que poidan servir a escolares e ás súas familias como inspiración e, sobre todo, como espazos para a empatía e a normalización.
Máis
Hora
1 marzo, 2024 19:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Teatro Afundación
Marqués de Valladares s/n
Hoxe móvese
- Mes actual