ORQUESTRA CLÁSICA

08mai19:30Charla sobre incendios forestaisACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+02:00) Edificio Redeiras

Detalles do eventos

O acto consistirá nunha mesa redonda sobre o tema dos incendios forestais, onde os participantes dialogarán sobre os efectos dos incendios e a súa transcendencia tanto a nivel social, económico e así mesmo sobre o diagnóstico e as solucións a afrontar cara a este importante tema.

No acto aproveitarase para presentar o libro ‘Lume’ editado por Xerais e cuxa coautora estará presente para relatar os obxectivos do libro así como as consideracións que sobre esta temática teñen estudado. A coautora Carmen Rodríguez Rodríguez é profesora de Socioloxía e vicedecana na facultade Socioloxía da Universidade da Coruña, así como participante no grupo de investigación Análise e Prospectiva Sociopolítica (LAPSO). Sendo a súa última publicación o libro ‘Lume’ (2025) Análise social dos incendios forestais.

Estará presente tamén Xosé Antón Araúxo Rodríguez, Grao en administración de Empresas pola UNED e que ademais é presidente da Comunidades de montes de Couso dende 2008. Dita comunidade foi recoñecida no 2019 pola ONU (incorporación ao rexistro ICCA por parte da comunidades de montes). No ano 2025 a Universidade de Harvard fixo un máster nos Montes de Couxo.

Uxío González Pérez tamén participará no acto en calidade de Presidente da Comunidade de Montes de Saiáns e Presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo. Desde Montes de Vigo veñen impulsando innumerables accións para a proteccións dos noso montes e impulsando, xunto coas Mancomunidades de Montes desde o Baixo Miño ata a provincia de Pontevedra, accións de sensibilidade nesta liña.

O acto comezará ás 19.30 horas e agárdase que sirva para compartir as experiencias que se teñen experimentado nesta campo de acción así como para poñer en común experiencias tremendamente valiosas para conseguir unha maior sensibilización da cidadanía en xeral na procura do coidado e sostibilidade da nosa contorna natural.

O acto será presentado por Santiago Domínguez Olveira.

Hora

8 maio, 2026 19:30(GMT+02:00)

Localización

Edificio Redeiras

Praza do Berbés

Other Events