Detalles do eventos
O xoves 18 de decembro, ás 20:00 horas, Eva Mejuto e Carlos Callón ofrecerán, en Évame Oroza, a charla Os armarios das escolas: educación, diversidade e dereitos, na
Detalles do eventos
O xoves 18 de decembro, ás 20:00 horas, Eva Mejuto e Carlos Callón ofrecerán, en Évame Oroza, a charla Os armarios das escolas: educación, diversidade e dereitos, na que nos achegarán a distintos proxectos e experiencias que traballan pola visibilización, a educación e a vida en igualdade de todos os colectivos. Este conversa conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra. A entrada é libre ata completar aforo.
Eva Mejuto é xornalista e escritora. A súa especialidade é a literatura infantil e xuvenil, onde destaca como autora e tradutora. O seu forte compromiso coa memoria e a diversidade sexual e de xénero é patente en toda a súa produción literaria e outras actividades e iniciativas ás que dedica parte do seu tempo. Tras pasar polo sector editorial e pola docencia, na actualidade forma parte da empresa Capicúa, dedicada á xestión cultural. Coordina o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
Carlos Callón é mestre e escritor, autor de títulos destacados no ámbito lingüístico, como O Libro Negro da Lingua Galega -entre outros- e doutros recoñecidos na investigación LGBT. Neste eido é autor dos ensaios “Amigos e sodomitas” e “Vidas e historias LGTB na Idade Media”. É membro da Comisión sobre Identidades e Disidencias do Consello da Cultura Galega.
Hora
18 decembro, 2025 20:00(GMT+01:00)
Localización
Asociación Cultural Évame Oroza
Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra



