CAMELIAS NADAL

12nov20:00Charlas Abertas: O mitoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+01:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

O mércores 12 de novembro, ás 20:00 horas, dará comezo na asociación Évame Oroza a segunda edición do ciclo Charlas
Abertas, unha proposta que aposta polo diálogo cultural e creativo como ferramenta para achegar o público á reflexión e ao debate. Este ciclo conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra. A entrada é libre ata completar aforo.

Nesta primeira sesión participarán o escritor, xornalista e músico Luis Boullosa e o actor, director e narrador oral Quico Cadaval, que conversarán arredor dun tema que ambos coñecen en profundidade: o mito. A charla permitirá explorar, desde diversas perspectivas e momentos históricos, a construción do mito, o seu papel nas sociedades de todos os tempos e o seu significado no contexto contemporáneo.

Charlas Abertas nace coa intención de crear un espazo de intercambio relaxado e enriquecedor, no que dúas creadoras ou creadores dialogan a partir dun tema común, dando pé a unha conversa espontánea, amena e aberta ao público.

Hora

12 novembro, 2025 20:00(GMT+01:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events