Detalles do eventos
O xoves 16 de outubro, ás 19:30 horas, o local de Évame Oroza acollerá unha charla do escritor, activista e médico Mohamed Safa, quen abordará a actual situación
Detalles do eventos
O xoves 16 de outubro, ás 19:30 horas, o local de Évame Oroza acollerá unha charla do escritor, activista e médico Mohamed Safa, quen abordará a actual situación en Palestina e as consecuencias da ocupación israelí sobre o pobo palestino.
Nado en Cisxordania, territorio palestino ocupado polo Estado de Israel dende 1967, Mohamed Safa é médico oftalmólogo de profesión. Realizou os seus estudos na Universidade de Santiago de Compostela e reside actualmente en Corcubión.
Ao longo das últimas décadas, Safa desenvolveu unha intensa traxectoria de activismo político e cultural en defensa dos dereitos do seu pobo, participando e impulsando múltiples iniciativas destinadas a dar visibilidade á causa palestina e a contrarrestar o discurso oficial dominante.
O seu compromiso reflíctese tamén na escrita: é autor de numerosos artigos e de varios libros, entre eles Palestina, grito por la libertad (Do Castro, 2003) e La revolución árabe. Democracia, nacionalismo y religión (Hoja de Lata, 2017).
A actividade forma parte da programación cultural habitual do espazo Évame Oroza, que busca abrir o diálogo e fomentar a reflexión arredor de temas sociais, políticos e culturais de actualidade.
Hora
16 outubro, 2025 19:30(GMT+02:00)
Localización
Asociación Cultural Évame Oroza
Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
novembro



