decembro, 2019

11dec19:00Charla: 'Más meditación, menos medicación'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00 El Corte Inglés

Máis

Detalles do evento

Na charla MÁIS MEDITACIÓN, MENOS MEDICACIÓN, que terá lugar o mércores 11 de decembro ás 19.00 horas na librería (planta 5ª), Lucía Lourido falaranos das ferramentas que a axudaron a saír da depresión. “Esta é unha historia de superación dos propios límites mentais. Unha historia de como a meditación me permitiu descubrir o sentido e o propósito da miña vida, descubrir toda a súa cor, facéndome sentir plena, feliz e realizada.”
Biografía:
Lucía Lourido é unha exploradora nata: Tradución e Interpretación, Marketing, Mindfulness, Arteterapia, Quiromasaje ou Escritura Creativa son só algunhas das súas formacións. Tras anos de estudo, lecturas, viaxes, cursos e investigación persoal, exerce a súa paixón axudando á xente para descubrirse a si mesma, a identificar os seus talentos e habilidades, a loitar polos seus soños, e a superar sentimentos de ansiedade, depresión, baleiro, soidade, desmotivación… orixinados moitas veces por non saber quen somos ou unha falta de sentido vital. Lucía Lourido, en definitiva, ama ser unha pequena “luz” no camiño daqueles que queren descubrir o mellor de si mesmos, e brillar con todo o seu potencial. Por que pode facelo? Porque gran parte da súa vida pasoulla preguntándose quen é e para que está aquí, loitando contra a depresión, a ansiedade e un profundo baleiro existencial, os cales finalmente superou con éxito. Hoxe é unha muller cada día máis plena, máis feliz e máis libre.

Hora

(Mércores) 19:00

Lugar

El Corte Inglés

Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra

X