
Charla informativa sobre o VIH coa doutora Celia Miralles
Detalles do eventos
Como parte da súa programación para o Día Mundial da Loita contra o SIDA este 1 de decembro, a asociación Avante LGBT+ Vigo organizou unha
Detalles do eventos
Como parte da súa programación para o Día Mundial da Loita contra o SIDA este 1 de decembro, a asociación Avante LGBT+ Vigo organizou unha charla aberta coa doutora Celia Miralles titulada “VIH: Historia, mitos e saúde sexual” no Centro social A Revolta o sábado 2 de decembro ás 19:00. A charla busca ofrecer información xeral sobre a enfermidade, despexar dúbidas, desmentir mitos, analizar os moitos métodos de prevención e ilustrar sobre os grandes avances médicos que se foron dando ao longo dos anos, incluída a PrEP.
Celia Miralles é doutora da Unidade de VIH do Hospital Álvaro Cunqueiro e investigadora do Grupo de Investigación en Enfermedades Infecciosas do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, e colabora como coordinadora médica de 16 países europeos no programa “She” con mulleres VIH positivas. A súa labor profesional foi recoñecida o ano pasado co premio do congreso GeSIDA de 2022 pola súa traxectoria exemplar.
Máis
Hora
2 decembro, 2023 19:00(GMT+01:00)
Localización
C.S. A Revolta do Berbés
Rúa Real, 12 36202 Vigo Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual