CAMELIAS

Charla “Historia dun mosteiro singular: Santa María a Real de Oia”

26set19:3019:59Charla “Historia dun mosteiro singular: Santa María a Real de Oia”ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30 - 19:59(GMT+02:00) Sede Afundación

Detalles do eventos

A Fundación Bretal e o Mosteiro de Oia organizan o relatorio maxistral “Historia dun mosteiro singular: Santa María a Real de Oia” a cargo da doutora en Historia da arte e experta no monumento, Carmen Manso Porto. A cita será o 26 de setembro ás 19.30 na sede de Vigo de Afundación.

Historia dun mosteiro singular: Santa Maríá Real de Oia proponse como un relatorio de natureza histórico-artística no que a Dra. Carmen Manso Porto, Académica da Real Academia da Historia, analizasé o desenvolvemento do conxunto monacal ao longo dos séculos, con atención a espazos como o claustro renacentista e outras dependencias edificadas no Patio dos Naranjos no s. XVIII, destacando a singularidade do mosteiro cisterciense de Santa Maríá Real de Oia.

A entrada será gratuíta ata completar aforo.

Esta proposta enmárcase no programa de actividades da mostra “Un Mosteiro, un mar de historia(s)”, onde o Mosteiro de Oia —Ben de Interese Cultural desde 1931— é protagonista de acontecementos desde o medievo ata a época contemporánea. Trátase dunha iniciativa que xorde con motivo da celebración dos vinte anos desde a adquisición e o inicio dos traballos de investigación sobre a historia do mosteiro por parte de MARE, e que subliña a relevancia arquitectónica do monumento e a súa relación co territorio.

“Un Mosteiro, un mar de historia (s)” -ata o 5 de outubro na sede viguesa de Afundación- profunda con rigor científico na historia posibilitando un achegamento intelectual, potencia unha experiencia sensitiva e estimula ao visitante desde un novo carácter interactivo.

Máis

Hora

26 setembro, 2024 19:30 - 19:59(GMT+02:00)

Localización

Sede Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 24-26, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events