REVISTA FEBREIRO

23xan20:00'Mar de hielo' con Sechu LópezActividades para o coco |De balde20:00(GMT+01:00) Auditorio Concello de Vigo

Detalles do eventos

[Foto: Qutín Mira]

O venres 23 de xaneiro no Auditorio do Concello de Vigo o alpinista galego Sechu López do Club Montañeiros Celtas, dará unha charla con proxección de imaxes da expedición no Ártico: dos 55 días en Canadá e especialmente dos 38 días que durou a travesía sobre o mar conxelado, percorrendo con éxito o Ramal Sur do mítico «Paso do Noroeste» xunto a Quitín e Jose T.

Realizaron 613 km en autonomía nun lugar remoto e inhóspito de condicións extremas, 38 noites en tenda de campaña. A temperatura foi sempre moi por baixo dos cero graos centígrados. En zona do osos polares.

Quen teña curiosidade está convidado a asistir e coñecer a historia e anécdotas desta viaxe.

Hora

23 xaneiro, 2026 20:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Concello de Vigo

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events