decembro, 2019

12dec20:00Charla "contra-tiempo" de Thomas CanetACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00 Consulta y Crece, Networking

Máis

Detalles do evento

Fvck quere facernos partícipes dunha nova experiencia fotográfica, esta vez da man de Thomas Canet, que se irá construíndo a partir dun encontro/charla “contra-tiempo” co propio autor e os seus múltiples traballos o xoves 12 de decembro ás 20 h en Consulta e Crece Networking, na rúa Real, e que continuará coa inauguración o sábado 14 de decembro ás da exposición “Zona Dark” na Sala de Fotografía Sargadelos de Vigo sita en rúa Urzáiz 17 ás 19 h e que se prolongará ata o 7 de xaneiro.

Thomas Canet (Berlín, 1975) é un fotógrafo autodidacta fincado en Madrid. Onde se converteu nun dos mellores retratistas do panorama nacional, traballo co que deixou rexistrado a personaxes tanto do mundo do espectáculo como de calquera sector de interese.

Directo e carente de artificios e de detalles vacuos.

Thomas Canet é un fotógrafo incansable que dsicurre con igual comodidade no campo profesional que no persoal, porque a fotografía é parte inherente da súa vida, e unha maneira de buscarse en cada imaxe realizada. Por iso Canet é máis que un excelente retratista, é un fotógrafo complexo e poliédrico.

En “Criptogramas”, o seu primeiro libro monográfico, non só non hai pousados, se non que se mergulla na abstracción monocromática sen outra premisa que a liberdade creativa. A través dos 4 tomos, as imaxes en branco e negro son parte dun xogo, cunha mensaxe por descubrir, un xogo que pode completar o observador.

Nesta ocasión preséntanos “Zona Dark”, unha parte moi persoal do seu traballo, no que ven fotografías realizadas en Nova York e Madrid. Todo o traballo é unha mirada a recunchos particulares desas dúas cidades e aos seus protagonistas. Aquí aparece a cor de novo, denso, inquietante e escuro pero fascinante.

Hora

(Xoves) 20:00

Lugar

Consulta y Crece, Networking

Rúa Real, 16, 36202 Vigo, Pontevedra

X