
Detalles do eventos
La Fábrica de Chocolate organiza un concerto de Chaos International, xunto a Alan Harman. Chaos International é o proxecto de minimal/cold wave
Detalles do eventos
La Fábrica de Chocolate organiza un concerto de Chaos International, xunto a Alan Harman.
Chaos International é o proxecto de minimal/cold wave do británico Vincenzo Wierczerzyński. Debutou o pasado 2024 cun EP e o single Future Now, tras coproducir un tema de Lebanon Hanover. Estivo de xira por Europa e Sudamérica, participando en festivais como Waveteef. A súa música, creada en directo con modulares e caixas de ritmos, combina improvisación e melodías nostálxicas do synth dos anos oitenta.
Pola súa parte, Alan Harman é un artista canadense de cold wave, recoñecido polo seu son escuro e o seu enfoque de gravación en vivo e completamente analóxico. Orixinario dun pequeno pobo marcado pola radiación, atopou nos sintetizadores o seu propósito. Compartiu escenario con nomes como Kontravoid ou Xeno & Oaklander.
Máis
Hora
6 xuño, 2025 21:30(GMT+02:00)
Hoxe móvese
Mes actualxuño
- Mes actual