Detalles do eventos
O grupo galego de referencia internacional na música celta tocará na carballeira de Chandebrito coa colaboración da Deputación de Pontevedra a través do programa ‘+ Música’
Detalles do eventos
O grupo galego de referencia internacional na música celta tocará na carballeira de Chandebrito coa colaboración da Deputación de Pontevedra a través do programa ‘+ Música’
Presentan a xira ’40 aniversario’ tras ser galardoados no ano 2025 coa Medalla Castelao da Xunta de Galicia. Como teloneiras estarán as ‘Pandereiteiras do Sobreiro’
O grupo reafirma ao Chandefolk como cita imprescindible do folk galego, sumándose a anteriores grupos como Milladoiro, Budiño, Susana Seivane ou Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre
O Concello de Nigrán celebrará unha nova edición de Chandefolk o sábado 29 de agosto cun grupo de folk de referencia internacional: Luar na Lubre. A formación galega ofrecerá na carballeira de Chandebrito a partir das 21:30 horas un concerto de balde encadrado na súa xira ’40 aniversario’ e o programa ‘+ Música’ da Deputación de Pontevedra tras ter recibido o ano pasado a Medalla Castelao da Xunta de Galicia. A actuación estelar deste grupo galego ratifica ao Chandefolk como cita imprescindible para os amantes deste xénero musical tras ter acollido en pasadas edicións a Milladoiro, Budiño, Susana Seivane ou Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre. Como teloneiras, a partir das 21:00 horas estarán as Pandereteiras do Sobreiro, una recoñecida formación de mulleres miñoranas.
Nos seus 37 anos de andaina musical, ‘Luar na Lubre’ vendeu máis de 350.000 exemplares e recibiu dous Discos de Oro, 9 Premios da Música e outros recoñecementos, dentro e fóra de Galicia, participando en festivais xunto a artistas como The Waterboys, The Corrs ou Bob Geldof e españois, como Víctor Manuel, Miguel Rios, Luz Casal, Ismael Serrano, Pedro Guerra ou Diana Navarro.
Luar na Lubre fundouse na cidade da Coruña en 1986, coa vocación de interpretar, desenvolver e divulgar a música e a cultura de Galicia. O seu repertorio está baseado fundamentalmente as músicas de raíz, desde o respecto, pero con perspectiva de modernidade. Está formado por Bieito Romero (gaitas, acordeón, zanfoña), Cristina López (voz), Nuria Naya (violín), Patxi Bermúdez (bodhran, tambor), Pedro Valero (guitarra acústica), Xavier Ferreiro (percusión latina, efectos), Xan Cerqueiro (frautas) e Brais Maceiras (acordeón).
Hora
29 agosto, 2026 21:30(GMT+02:00)
Localización
Merendeiro de Chan de Rapadouro, Chandebrito
Rúa do Torreiro, 36360 Chandebrito, Pontevedra
Hoxe móvese
setembro




