CANS

22mar12:00Chaman a debuxar a carballeira da Barroca para visibilizar a súa ameazaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde12:00(GMT+01:00) Carballeira da Barroca

Detalles do eventos

A Furia Verde, colectivo que se define como “comando de ilustración e propaganda arbórea”, convoca unha quedada para debuxar ao aire libre este domingo 22 de marzo a partir das 12.00 horas na carballeira da Barroca, en Navia.

A iniciativa está dirixida a debuxantes, artistas e afeccionados ao boceto, e ten como obxectivo, segundo explican desde o colectivo, “organizar operacións tácticas de debuxo ao aire libre en espazos de interese para recoller a imaxe das árbores máis queridas”, co fin de chamar a atención sobre a súa ameaza e posible desaparición a través da arte.

A cita na Barroca será a primeira destas quedadas e conta coa colaboración da plataforma cidadá Salvemos A Barroca. Desde a organización destacan que este encontro pretende ser un acto de “resistencia, atención, insistencia, rebelión e comunidade”.

A carballeira da Barroca está considerada como o último bosque autóctono que resiste entre o río Lagares e a zona de Samil, e atópase ameazada por diferentes proxectos urbanísticos, entre eles a construción do Vigo Arena.

As persoas interesadas en recibir información sobre futuras convocatorias poden inscribirse a través dun formulario habilitado polo colectivo.

Hora

22 marzo, 2026 12:00(GMT+01:00)

Localización

Carballeira da Barroca

Cam. Barroca, 59, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events