BANNER XERAIS

10mai21:30CÉSAR DE CENTICONCERTOS | 12,00 €21:30(GMT+02:00) A Casa de Arriba

Detalles do eventos

César de Centi ofrecerá un concerto en directo na Casa de Arriba de Vigo para presentar o seu último traballo.

Músico, cantautor, cancionista coruñés con máis de vinte anos de escenarios e habitual da escena galega e nacional do xénero. Conta con actuacións en festivais de prestixio (Noroeste Estrella Galicia, SantiAutor, BarnaSants, Vai de Camiño). Ademais, tamén actuou no circuíto nacional da canción de autor (Libertad 8, Galileo Galilei, La Fídula). En xaneiro de 2022 levou a cabo unha xira por Arxentina, desde Buenos Aires a Córdoba, Rosario ou Humahuaca, xunto a Tato López e Emiliano Del Río.

Mi guerra mundial del yo contra el yo, o seu último traballo, grávase nos Estudios Diciembre de Borja Montenegro en Madrid (Sabina, Luz, Perales, Sole Gimenez…) en setembro de 2024. Conta coa colaboración de Ismael Serrano. O financiamento do disco conséguese grazas a unha campaña de crowdfunding. Gravan artistas da talla de Pablo Serrano (Perales,Ariel Rot…),Jacob Sureda (Ismael Serrano…), Jacob Regulón (Quique González, Bunbury..) e o técnico de son e o que o mestura é Juan González.

Máis

Hora

10 maio, 2025 21:30(GMT+02:00)

Localización

A Casa de Arriba

Rúa Martín Códax, 23, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events