25xul22:30Septeto SantiagueroCONCERTOS | Desde 12,00 €22:30(GMT+02:00) Chiringuito Brisa
Detalles do eventos
O venres 25 de xullo ás 22:30 h o Chiringo Brisa ofrece o concerto do Septeto Santiaguero, un dos expoñentes máis recoñecidos da música tradicional
Detalles do eventos
O venres 25 de xullo ás 22:30 h o Chiringo Brisa ofrece o concerto do Septeto Santiaguero, un dos expoñentes máis recoñecidos da música tradicional cubana. Gañadores de dous premios Grammy Latinos, múltiples nominacións internacionais e trinta anos de traxectoria musical ás suas costas, o grupo procedente de Santiago de Cuba sobe ao escenario fronte á praia de Cesantes para inundalo de ritmo latino.
Os Grammys recibidos conmemoran, dunha banda, o seu CD No quiero llanto. Tributo a los Compadres no 2015; e a produción discográfica A mi qué. Tributo a los clásicos cubanos, no 2018. Ademais destes galardóns gañados, contan con sete nominacións aos mesmos e unha nominación aos Grammy estadounidenses. Esta agrupación de primeira promete facer vibrar ao público ao ritmo da guaracha e o bolero.
A banda está composta por: Fernando Dewar, como director, ao tres cubano e vocalista; Rudens Matos (Chiquitín), cantante e á guitarra electroacústica; Inocencio Heredia (Chencho El Legendario), tamén como cantante e percusión menor; Dairon Robert, ao caontrabaixo; Alaín Antonio Dragoní (El Dulce), á trompeta e no coro; Gabriel Montero (La Historia), ás congas; Giraldo Bravo (El Flaco), cantante e percusionista menor; Carlos Danger (Carlos Bongó), percusionista.
A entrada anticipada custa 12,00 € e na porta 16,00 €
Hora
25 xullo, 2025 22:30(GMT+02:00)
Localización
Chiringuito Brisa
Praia de Cesantes
Hoxe móvese
marzo

