A Movida é a axenda cultural e de ocio en Vigo. Aquí poderás atopar todos os eventos que se organizan na cidade, concertos, espectáculos, festivais, charlas, actividades deportivas, festas…
A Finca de San Roque acolle unha nova edición do Certame Cancións dos Nosos Barrios, unha cita que reúne unha vintena de agrupacións musicais dos
Detalles do eventos
A Finca de San Roque acolle unha nova edición do Certame Cancións dos Nosos Barrios, unha cita que reúne unha vintena de agrupacións musicais dos distintos barrios de Vigo para manter viva a tradición dos cantos populares e de taberna. Durante catro tardes, o público poderá gozar de actuacións gratuítas que poñen en valor o folclore, a música tradicional e o espírito de convivencia que caracteriza este encontro.