Vigo Turístico: Celta Tour
18nov17:00Vigo Turístico: Celta TourACTIVIDADES PARA O COCO | 10,00€17:00(GMT+01:00) A Sede RC Celta
Detalles do eventos
Sábado 18 ás 17h e o vindeiro xoves 23 ás 19h Un novo roteiro temático para celebrar os cen anos da fundación
Detalles do eventos
Sábado 18 ás 17h e o vindeiro xoves 23 ás 19h
Un novo roteiro temático para celebrar os cen anos da fundación do Celta cun percorrido polo centro histórico repasando a hsitoria do fútbol en Vigo, a súa importancia a nivel nacional, e os feitos, lugares e personaxes que fixeron posible o nacemento dunha enorme paixón por este deporte e a posterior fusión dos dous equipos máis poderosos e populares, o Vigo Sporting e o Fortuna, dando lugar ao club máis histórico e representativo de Galicia: o Real Club Celta.
Un roteiro deseñado tras unha longa investigación e varias entrevistas con expertos na historia do Celta, que nos permitirá meternos na pel dos tres grandes artífices do nacemento do club e descubrir aspectos sorprendentes e en moitos casos aínda moi pouco conocdiso do noso rico pasado ligado ao fútbol. Unha experiencia para todos os públicos que por primeira vez pódese gozar en Vigo, e que busca entreter a toda a familia compartindo cultura ao mesmo tempo.
Este paseo guiado pódese facer en castelán, galego e inglés e está creado e dirixido polo guía oficial de Galicia Borja Casal Concheiro (GT-699-XG), especializado en historia e cultura de Vigo e cuxo amor polo Celta vénlle de berce xa que é bisnieto dun dos xogadores-fundadores alá por 1923 (Santiago Casal Cao).
Prezo por persoa (IVE incluído):
Adultos: 10,00 €
Adolescentes (12 a 18 anos): 7,00 €
Menores de 12 anos: gratis (necesaria reserva)
O prezo inclúe:
Roteiro guiado e interpretado polo centro de Vigo
Guía acreditado e experto en historia e curiosidades da cidade
Seguro de Responsabilidade Civil
Máis información:
Duración da visita: 1h e media aprox.
En grupos de 30 persoas máximo ou o que as restricións sanitarias permitan
Idioma: castelán e galego
Punto de encontro: Fronte ao edificio da Sede do Real Club Celta na rúa do Príncipe número 44
OUTRAS RUTAS DE VIGO TURÍSTICO:
Celta Tour: Sábado 18 ás 17:00 e o vindeiro xoves 23 ás 19:00
Misterios e lendas: sábado18 ás 20:00
Histórico-cultural: sábado 18 e domingo 19 ás 11:00
Para Vigo me voy!: Domingo 19 ás 11:00
Máis
Hora
18 novembro, 2023 17:00(GMT+01:00)
Localización
A Sede RC Celta
Sede Real Club Celta de Vigo
Hoxe móvese
Séguenos nas redes