XERAIS

12set21:30Cea solidaria a favor de AsotrameGASTRO | 30,00 €21:30(GMT+02:00) Liceo Marítimo de Bouzas

Detalles do eventos

O venres 12 de setembro, o Liceo Marítimo de Bouzas organiza unha cea (tipo cóctel) solidaria, co fin de recadar fondos para impulsar o traballo de Asotrame (Asociación galega de persoas trasplantadas de médula ósea e enfermidades oncohematolóxicas).

O menú (dun prezo de 30,00 €, incluíndo un donativo de 5,00 €) constará de empanadas artesás, croquetas de boletus e xamón, gyozas con lagostinos e salsa de soia, pan bao reenchido de tenreira estufada, fajitas de polo, sobremesa e dúas consumicións.

Ademais, haberá numerosos sorteos, doados polos negocios colaboradores.

Para asistir, é necesario reservar entrada a través do número de teléfono 986 232 442.

Hora

12 setembro, 2025 21:30(GMT+02:00)

Localización

Liceo Marítimo de Bouzas

Rúa de Eduardo Cabello, 8, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events