xullo, 2019

20xul20:00Cea solidaria 7º Aniversario QuesumGASTRO | 30,00 €20:00 Antiga Sede do RC Celta

Máis

Detalles do evento

Quesum está de aniversario e quere celebralo con todos dunha maneira moi especial.

O sábado 20 de xullo na antiga sede do RC Celta (rúa Conde de Gondomar, 1- Praza de España) organizan unha cea-cocktail ao aire libre que comezará pola tardiña e non rematará ata media noite.

A velada estará composta por elaboracións Quesum, cortador de xamón, queixos, ibéricos, sobremesas variadas, billa de cervexa artesá, viños, novidades gastronómicas… música, sorteos e moitas sorpresas máis, nunha contorna inmellorable.

Prezo 30€, do que doarán unha parte ao comedor da Esperanza de Vigo

O aforo é limitado. Reserva a túa praza:
– Realizando o pago directamente en Quesum (Avda. Camelias, 121) ou
– Mediante transferencia bancaria na conta ES65 0049 1043 5224 1008 0521
Concepto: Nome e polo menos primeiro apelido (necesario para participar nos sorteos)

NOTA IMPORTANTE: Se se realiza o pago conxunto de varios asistentes, indicar no concepto do pago uno dos nomes e enviar un e-mail a tienda@quesum.es co detalle dos demais asistentes

A recepción será de 20:00 h a 20:30 h.

AVISO: Ese día a tenda Quesum permanecerá pechada.

Hora

(Sádado) 20:00

Lugar

Antiga Sede do RC Celta

Rúa Conde de Gondomar, 1 36203 Vigo Pontevedra

X