Ce Orquestra Pantasma

13mai19:00Ce Orquestra PantasmaCONCERTO | De balde19:00(GMT+02:00) CVC Valladares

Detalles do eventos

Baixo o nome de Cé Orquestra Pantasma escóndese o vigués César Freiria, músico autodidacta e apaixonado dos instrumentos. Comezou a súa andaina aos oito anos dentro da música tradicional e desde entón non deixou de navegar polos variados estilos da música popular, chegando a formar parte de grupos tan dispares entre si como A Roda ou a banda de punk Oxtiax Ke Che Pariu. Desde principios do verán de 2008, este músico percorreu toda a xeografía galega a un ritmo de máis de 150 concertos ao ano, paseándose polos mellores festivais e festas do país, con esta proposta ás súas costas: Cé Orquestra Pantasma, un proxecto musical, unipersoal e versátil grazas ao seu amplo e variado repertorio, no que se conxuga á perfección toda unha vida musical.

Este sábado estará no CVC de Valladares ás 19:00h.

Máis

Hora

(Sábado) 19:00(GMT+02:00)

Localización

CVC Valladares

Camiño do Pedregal, 6, 36315 Valadares - Vigo, PO

Other Events