FAITE AMOVIDALOVER

26setTodo o díaFreiXXXo RockFESTIVAIS E FEIRAS | De balde(Todo o día: venres)(GMT+02:00) A. VV. O Freixo

Detalles do eventos

O festival de rock gratuito no barrio vigués de Freixo, o Freixo Rock, celebra o seu 30 aniversario cunha edición histórica o 26 e o 27 de setembro. Para conmemorar o espírito de apoio ao talento emerxente, característico deste evento desde os seus comezos, organizouse un concurso de bandas autoxestionadas. Deste certame, no que participaron máis de 40 grupos, extraéronse 4 gañadores que forman parte do cartel oficial do festival, compartindo escenario con outros artistas máis consolidados.

Os catro grupos que finalmente actuarán no festival son os seguintes: Nékrora Punk, de Cangas do Morrazo e o Nordés, da Coruña, escollidos polo público; Demenzia Sozial e La DGT, escollidas pola Peña Freixo. O Freixo Rock, nado no 1995, reforza o seu compromiso pola integración dos novos talentos no circuito de festivais e escenarios, mesturando estes grupos con outros máis recoñecidos como No Konforme, Kamikazes, Bala ou Os Vacalouras.

CARTEL OFICIAL DO EVENTO

Hora

26 setembro, 2025 Todo o día(GMT+02:00)

Localización

A. VV. O Freixo

Estrada San Xoán, 264, 36315 Vigo, Pontevedra

Other Events