13nov20:00Cata Soños do DesterroGASTRO | 25,00 €20:00(GMT+01:00) MUTA
Detalles do eventos
O xoves 13 de novembro ás 20:00 h, MUTA celebra unha cata moi especial que nos fai moita ilusión compartir. Por primeira vez en Vigo, recibimos a
Detalles do eventos
O xoves 13 de novembro ás 20:00 h, MUTA celebra unha cata moi especial que nos fai moita ilusión compartir.
Por primeira vez en Vigo, recibimos a Ana e Pablo, da adega Soños do Desterro (Ribeiro), un proxecto honesto e valente que traballa pequenas viñas a man, en biodinámico, e elabora viños con mínima intervención, deixando que o carácter da terra e das castes fale por si mesmo.
Durante a cata presentaranse os seus viños:
– Bagos de Figueira
– Bagos da Rebusca
– Bagos de Salavedro
– Cabaliños da Barouta
A sesión será guiada polos propios viticultores, nun formato íntimo e coidado, onde compartiremos non só o viño, senón tamén a historia e a filosofía que hai detrás deste xeito de facer.
Ademais, haberá un pequeno petisco para acompañar a degustación.
Lugar: MUTA, Rúa Joaquín Loriga, 9. Vigo
Data: Xoves 13 de novembro
Hora: 20:00 h
Prezo: 25 € (inclúe a cata de 4 viños e un petisco)
Reservas: muta@muta.gal / 664 697 611
Hora
13 novembro, 2025 20:00(GMT+01:00)
Localización
MUTA
MUTA, Rúa de Joaquín Loriga, 9, Santiago de Vigo, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
novembro


