REVISTA A MOVIDA >

16ago21:00Castrelos acollerá un triple concerto 100% galegoCONCERTOS | De balde21:00(GMT+02:00) Parque Castrelos

Detalles do eventos

O Concello de Vigo aposta pola música galega co triple concerto de The Rapants, Fillas de Cassandra e Eladio y los Seres Queridos en Castrelos o domingo 16 de agosto. As dúas primeiras son probablemente as banda en galego que máis medraron nos últimos anos, acadando unha popularidade impensable hai pouco tempo. Este mesmo ano The Rapants encheron o Multiusos do Sar (arredor de 6000 persoas) e Fillas de Cassandra meteron a 2000 persoas no recinto feiral de Pontevedra para presentar o seu novo disco Tertúlia. No caso dos vigueses Eladio y los Seres Queridos, o ano pasado celebraron o seu 20 aniversario cun cheo no Teatro García Barbón.

O concerto encádrase dentro de Fnac Live, un ciclo de concertos que a famosa marca realiza en cidades como París, Lisboa, Barcelona ou Madrid, e que agora suma Vigo ao seu historial.

Programación provisional de Castrelos:

  • 2 de xullo – Deep Purple
  • 16 de xullo – Molotov
  • 18 de xullo – Coral Casablanca
  • 24 de xullo – Ópera Carmen
  • 30 de xullo – Chayanne
  • 1 de agosto – Noite de zarzuela
  • 7 de agosto – Abraham Mateo
  • 9 de agosto – Ópera Nabucco
  • 11 de agosto – The Corrs
  • 14 de agosto – Viva Suecia
  • 15 de agosto – Iván Ferreiro
  • 16 de agosto – Fillas de Cassandra, The Rapants e Eladio y los Seres Queridos

Hora

16 agosto, 2026 21:00(GMT+02:00)