CASTRELOS 25

20xuñ(xuñ 20)19:0017out(out 17)21:00'CASTELAO NA EMAO'ARTE E MUSEOS | De balde(xuño 20) 19:00 - (outubro 17) 21:00(GMT+02:00) EMAO

Detalles do eventos

Entre o 20 de xuño e o 17 de outubro, con motivo do ano dedicado a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, a EMAO organiza Castelao na EMAO, unha exposición que rende homenaxe ao pintor, debuxante, humorista, escritor, pensador e político. Tanto o mestrado como o alumnado da escola, presentan a súa particular visión desta figura a través de distintas disciplinas artísticas como pintura, debuxo, escultura e talla, moda e confección ou ourivaría, entre outras.

En paralelo á mostra, nas vitrinas do corredor da biblioteca, pódense contemplar algunhas das obras de Castelao, pertencentes aos fondos da propia EMAO.

HORARIO DE VISITA

Do 20 ao 30 de xuño

  • De luns a venres | 19:00 – 21:00 h

Do 1 de xullo ao 12 de setembro (agás en agosto, que a escola permanece pechada)

  • De luns a venres | 10:30 – 13:30 h

Do 15 de setembro ao 17 de outubro

  • De luns a venres | 19:00 – 21:00 h

Máis

Hora

20 xuño, 2025 19:00 - 17 outubro, 2025 21:00(GMT+02:00)

Localización

EMAO

36201, Rúa de García Barbón, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events