REVISTA NADAL

Castañas e música para recibir no Berbés ao Apalpador, o Papá Noel galego

22dec18:00Castañas e música para recibir no Berbés ao Apalpador, o Papá Noel galegoPEQUERRECHOS | De balde18:00(GMT+01:00) Asociación do Casco Vello

Detalles do eventos

O Apalpador, ‘Papá Noel galego’, é un personaxe de grande estatura, vestido cun casaco remendado, xeralmente representado fumando en pipa e usaba boina. Nalgúns lugares, dise que a súa profesión é a de carboeiro, polo que vive nos bosques dedicado a fabricar carbón e alimentándose de prantas silvestres e xabarís. Na noite do 24 ou 31 de decembro entraba nas casas, apalpando as barrigas dos nenos e nenas para comprobar que comeran ben, no caso de non encontralos ben alimentados, déixalles unha presada de castañas. Aínda que a personaxe forma parte da tradición precristiana dos Ancares e o Courel, existen iniciativas para recuperalo en toda Galicia.

A Festa e a benvida ao Apalpador será NO LOCAL da Asociación de Casco Vello Asociación Veciñal na praza dos ratos, no Berbês.  Teremos música, pasarúas, chocolate quente, bolos e castanhas!

As 18h aprox comezam as actuacións e o Pandigueiro chegará directo do Courel sobre as 19:30h.

18 h – Pandereteiras Tarambainas
19 h – Barafunda teatro
19:45 h – Chegada do Apalpador

Máis

Hora

22 decembro, 2023 18:00(GMT+01:00)

Localización

Asociación do Casco Vello

Rúa Cánovas del Castillo, 2, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events