REVISTA ABRIL

Caspervek: 'ROBIN DOS BOSQUES'

11xuñ21:30Caspervek: 'ROBIN DOS BOSQUES'CONCERTOS | 10,00€21:30(GMT+02:00) Fundación Sales

Detalles do eventos

A primeira sesión do ciclo de verán vai levar ata as grandes producións de aventuras americanas. Coñeceremos ao máis grande actor de acción da época muda, Douglas Fairbanks e a unha das súas máis icónicas películas: ROBIN DOS BOSQUES (1922, Allan Dwan), unha obra que explora a lenda do heroe de Nottingham dunha maneira moi diferente a como o fixo, por exemplo, a animación de Disney unhas décadas máis tarde. Na cinta de Fairbanks coñeceremos as orixes e motivacións do Conde de Huntingdon ata converterse no foraxido Robin Hood.

Músicos da Sesión:

Tonio Comesaña (clarinete)

Laura Lorenzo (frauta)

Blas Castañer (percusión)

Brais González (piano)

Máis

Hora

(Venres) 21:30(GMT+02:00)

Localización

Fundación Sales

de, Av. Europa, 52, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events