Este é un evento repetitivo18 xullo, 2024 21:30
II Xornadas de cinema mudo e música
19xul21:30II Xornadas de cinema mudo e músicaESPECTÁCULOS | 11,32 €21:30(GMT+02:00) Fundación Sales
Detalles do eventos
Caspervek, formación viguesa dedicada á musicalización de cinema mudo en vivo, celebra os próximos días 17,18 e 19 de xullo na Fundación Sales as súas segundas
Detalles do eventos
Caspervek, formación viguesa dedicada á musicalización de cinema mudo en vivo, celebra os próximos días 17,18 e 19 de xullo na Fundación Sales as súas segundas xornadas de cinema mudo e música.
Entradas dispoñibles en eventbrite por 11,32 € e abonos por 20,00 €
Todas as sesións son ás 21:30h
17 de xullo – O Golem + The First Film of Palestine
As xornadas ábrense coa grande obra do Expresionismo Alemán. Un abraiante film baseado na famosa historia do Golem de Praga e adaptada polo cineasta Paul Wegener. A proxección do filme estará acompañada pola curtametraxe “The First Film of Palestine”, a primeira testemuña audiovisual da Palestina otomana.
18 de xullo – Amanecer + A Corner in Wheat
Unha das grandes películas da era silente, para moitos considerada a mellor película do cinema mudo; “Amencer” supuxo o debut en América de F. W. Murnau (tras facer en Alemaña filmes imprescindibles como “Nosferatu” ou “Fausto”. Unha historia que nos fala de amor, vinganza e redención cunha incomparable mistura de drama e comedia. A proxección do filme estará acompañada pola curtametraxe “A Corner in Wheat”.
19 de xullo – Sete ocasións + filme a elixir polo público
Un ano mais, Buster Keaton volve ser o fin de festa das xornadas cunha espectacular dobre sesión na que poderemos gozar de dúas das súas obras: a primeira, “Seven Chances”. Ese serán poderase gozar dunha segunda longametraxe que os espectadores poderán elixir en directo mediante unha serie de actividades que se realizarán no xardín.
Ademais das proxeccións musicalizadas, as xornadas estarán acompañadas dunha serie de actividades paralelas, entre as que se inclúen os screenings fotográficos de tres autores: os vigueses Jorge Lens e Blas González e mais o almeriense afincado en Nova Iorque, Francisco Uceda. A grande novidade deste ano será a SENDA AR, un percorrido de realidade aumentada no que, ao longo de distintas localizacións da Fundación Sales, os asistentes poderán descubrir datos sobre as películas, os seus protagonistas e autores.
Tamén se realizará un escape room. Mergúllate e resolve a misteriosa historia das xoias de “Sherlock Jr”. naoEscape Room virtual deseñado especificamente para os xardíns da Fundación Sales.
Máis
Hora
19 xullo, 2024 21:30(GMT+02:00)
Localización
Fundación Sales
de, Av. Europa, 52, 36212 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes