REVISTA ABRIL

Caspervek: cine mudo Nadal

28dec19:00Caspervek: cine mudo NadalCONCERTOS | -19:00(GMT+01:00) MUTA

Detalles do eventos

Caspervek, agrupación viguesa especializada na creación e musicalización en vivo de Bandas Sonoras para cine mudo despide o ano cun concerto especial de Nadal no que achegará ao público algunhas das creacións cinematográficas das primerias décadas da Historia do Cine con temática de Nadal.

Así, na escolma de curtametraxes poderase ver a primeira aparición de Santa Claus na pantalla (que data de 1898) ou as primeiras adaptacións cinematográficas de relatos logo profusamente versionados como “A vendedora de mistos” ou o “Conto de Nadal” de Charles Dickens.

Ademáis, o cineconcerto estará precedido da exposición interactiva “Light Jams” do fotógrafo Blas González, que invitará aos asistentes a xogar e interactuar en directo con proxeccións fotográficas manipuladas en tempo real.

O evento terá lugar na sala viguesa MUTA o vindeiro día 28 ás 19:00

Máis

Hora

(Martes) 19:00(GMT+01:00)

Localización

MUTA

Rúa de Joaquín Loriga, 9, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events