marzo, 2018

03mar21:00Casa O'ReiTEATRO | 8,00 €21:00 Auditorio Municipal do Concello

Máis

Detalles do evento

Con Casa O’Rei Ibuprofeno Teatro completa a súa triloxía gastronómica, xunto con O Furancho e Raclette. Este texto de Santiago Cortegoso propón un xogo escénico e dramatúrxico a partir de O Rei Lear de Shakespeare, ambientado nunha típica casa de comidas galega.

Manolo Rei, vello e enfermo, prepara un cocido e reúne a familia. A comida sempre é unha escusa. Desta vez para repartir a casa entre as súas tres fillas. Pero o cocido sáelle cargado de traizón e desprezo, intragable polo amargor dun mundo novo, ácedo e descoñecido, que trae do estranxeiro unha morte preconxelada e adobiada con fel. O tempo, o destino e o Burger King son implacables coa sorte dos mortais que non saben seleccionar os ingredientes axeitados para elaborar as receitas da súa vida.

Hora

(Sádado) 21:00

Lugar

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

X