CONCERTOS CASTRELOS
DIA DE GALICIA

'CASA' de Laura Cid Rascado.

15xuñ10:0015xul21:00'CASA' de Laura Cid Rascado.ARTE E MUSEOS | De balde(xuño 15) 10:00 - (xullo 15) 21:00(GMT+02:00) Centro Cultural de Beade

Detalles do eventos

“CASA” quere achegar ao espectador ao mundo que rodea á artista tanto lugares como persoas. Estas, se representan mediante animais xa que Laura, asocia unha persoa cun animal, con características e aspectos parecidos, para así capturar a súa esencia o mellor posible.

A exposición mostra unha serie de ilustracións, de acuarela e lápis de cores, onde plasma o seu sentimento de fogar.

BIOGRAFÍA

Laura Cid Rascado graduada na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo en 2022 e co Grado Profesional de Música dende o 2020. Integrante da Banda de Música de Beade. Participante da Residencia Literaria na Illa de San Simón no 2023. Actualmente cursando o ciclo de Educación Infantil e dando clases de pintura e manualidades a cativos.

O seu traballo de fin de grado, un libro en acordeon, foi exposto no Museo MARCO de Vigo en 2022 grazas a unha beca de Marta Ortega, “Future Stories”. E en 2023 gaña o III Premio de Álbum Ilustrado Albert Quiñoi con “Maruchi e o gancho”

DATOS DE INTERESE

Título: “CASA”

Artista: Laura Cid Rascado

Datas: do 15 de xuño ao 15 de xullo

Horario de visita: luns a domingo de 10:00H. a 21:00H.

Máis

Hora

15 xuño, 2024 10:00 - 15 xullo, 2024 21:00(GMT+02:00)