
23xuñ21:00Carreira nocturna de San XoánACTIVIDADES DEPORTIVAS | 8,00€21:00 Praza do Rei
Detalles do eventos
Fai xa 39 anos de que a Agrupación Viguesa de Atletismo organizou a primeira edición da Carreira Nocturna de San Xoán. En todos estes anos transcurridos sempre estivemos
Carreira nocturna de San Xoán
Fai xa 39 anos de que a Agrupación Viguesa de Atletismo organizou a primeira edición da Carreira Nocturna de San Xoán. En todos estes anos transcurridos sempre estivemos na saida da que xa é unha das máis tradicionais carreiras populares da cidade e de Galicia, tanto pola dilatada traxectoria ao longo dos anos como pola singularidade da mesma.A situación destes dous últimos anos nos ten sobrecollidos a todos a causa do COVID-19, coas limitacións vinculadas tiveron que suspender a celebración das edicións 2020 e 2021.
Por fin podemos retomar esta longa tradición celebrando a que este año será a XXXVII edición da carreira.
Deste xeito recuperaremso a tradición de celebrar o solsticio correndo pola cidade o 23 pola noitiña, rematando a carreira co inicio da celebarción de unha daas nosas máis arraigadas tradicións, que coa colaboración da Asociación de Veciños do Casco Vello, remataremos cunha sardiñada, como manda a tradición.
Estamos seguros que, un ano máis, contaremos con unha gran participación de corredores, mantendo e incluso superando os máis de 800 participantes que temos consolidados en todas a edicións. Queremos chegar os 1000 corredores.

Máis

(Xoves) 21:00
Praza do Rei
Praza do Rei 36202 Vigo Pontevedra