
Detalles do eventos
A 4ª Carreira e Andaina Solidaria Camiñando Polo Dano Cerebral, celébrase nas rúas do barrio de Navia o 6 de xullo. O evento conmemora os
Detalles do eventos
A 4ª Carreira e Andaina Solidaria Camiñando Polo Dano Cerebral, celébrase nas rúas do barrio de Navia o 6 de xullo. O evento conmemora os 25 anos da Asociación ALENTO de Vigo, Dano Cerebral de A Coruña e Dano Cerebral de Santiago de Compostela, e xa ten abertas as inscricións nas distintas categorías.
Ata o mércores 2 de xullo, permanecen abertas as inscricións en:
- Categoría absoluta (5 km): dirixida a maiores de 16 anos, federados ou non.
- Categorías escolares, con distintas extensións segundo a idade dos participantes: Sub 16 e Sub 14, de 1200 metros; Sub 12 e Sub 10, de 600 metros; e Pitufos, de 100 metros.
- Andaina (5,5 km): Proba non competitiva dirixida a maiores de 16 anos e menores acompañados dun adulto.
Para quen quera colaborar e non poida participar, está habilitado un Dorsal 0, accesible desde AQUÍ. A maiores, a Asociación Discamino facilita voluntarios e vehículos adaptados para aqueles participantes que padezan algunha discapacidade.
O punto de saída e meta vaise situar na rúa Pedra Seixa, diante da sede da Asociación ALENTO. Os horarios de saída varían en función da modalidade. A apertura de mesas de entrega de dorsais e do servizo de gardarroupa é ás 9:00 h, dando saída a carreira absoluta ás 09:45 h; as escolares a partir das 11:00 h; e a andaina ás 12:00 h, inmediatamente despois do acto de entrega de trofeos.
Trátase dunha proba deportiva que busca promover hábitos saludables para previr posibles ictus, a principal causa do dano cerebral adquirido. Tamén se pretende sensibilizar sobre a discapacidade, festexando o cuarto de século de vida das asociacións de dano cerebral decanas de Galicia. Todo, fomentando un ambiente deportivo san, afastado de valores competitivos que levan ao estrés ou a violencia (factores de risco de ictus ou de traumatismos cranioencefálicos, respectivamente).
Durante o evento, repartiranse agasallos e sortearase unha camiseta do RC Celta de Vigo asinada. Así mesmo, haberá trofeos e medallas para os participantes.
Para acceder a máis información ou realizar algunha inscrición, preme AQUÍ.

Máis
Hora
6 xullo, 2025 09:00 - 12:00(GMT+02:00)
Localización
Navia
Rúa das Teixugueiras, 12-28 36212 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualxullo
- Mes actual