VIALIA
bannerPicnicSesions

Carreira do Calvario 5+5

26feb11:15Carreira do Calvario 5+5ACTIVIDADES DEPORTIVAS | 9,00€11:15(GMT+01:00) O Calvario

Detalles do eventos

Abertas as inscricións para a Carreira do Calvario que se celebra o próximo domingo 26 de febreiro.  A carreira presenta categoría de adultos con opción de 5 km ou 10 km e de nenos. As dúas probas para maiores de 16 anos, sairán de Jenero de la Fuente á altura do Mercadona ás 11:15 h. Esta proba é a segunda puntuable do ano do circuito Vigo Run Run.

O circuíto Run Run Vigo 2023 está composto por 12 carreiras de distancia e dificultade variable para poñernos a proba a nós mesmos. A maioría dos eventos, espallados ao longo do ano, agrúpanse en primavera e outono: xullo, agosto e setembro son os únicos meses sen a súa proba deportiva.

LISTA DAS CARREIRAS CO CIRCUÍTO RUN RUN VIGO

  • 29/01 – Subida ao Castro
  • 26/02 – Carreira do Calvario
  • 19/03 – Carreira Popular 10k de Teis
  • 26/03 – Media Maratón Vig-Bay
  • 16/04 – Carreira da Cereixa
  • 17/05 – Carreira Praia de Samil
  • 10/06 – Carreira Nocturna Correndo por Vigo
  • 23/06 – Carreira Nocturna San Xoán
  • 15/10 – Vigo Contra el Cáncer
  • 05/11 – Media Maratón de Vigo
  • 12/11 – Vigo +11
  • 3/12 – Carreira Solidaria Érguete e Corre

As inscricións para participar na carreira Calvario 5+5 están abertas ata o mércores 22 de febreiro e teñen un prezo de 9€.

Máis

Hora

(Domingo) 11:15(GMT+01:00)

Localización

O Calvario

Rúa de Urzáiz, 183, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events