BANNER CANS
BANNER GALAXIA

23xuñ21:00Carreira de San XoánACTIVIDADES DEPORTIVAS | 10,00 €21:00(GMT+02:00) Praza do Rei

Detalles do eventos

A Agrupación Viguesa de Atletismo organiza a XXXIX Carrera Nocturna de San Xoán, a celebrar o 23 de xuño de 2024 en Vigo. Esta carreira está incluida no Circuito de Carreiras RUNRUN VIGO do Concello de Vigo.

A carreira dispútase nun circuíto urbán de aproximadamente 7,7 km con saída ás 21:00 dende a Praza do Rei, e co seguinte percorrido: Camelias, Romil, Pi i Margall, López Mora, Bar Boo, Avda de A Coruña, Tomás A. Alonso, Paulino Freire, Beiramar, finalizando diante dos soportais da praza do Berbés.

Poderán participar persoas maiores de 14 anos, estean ou non federadas. As inscricións formalizaranse no sitio web de RUN RUNVIGO , ata o 19 de xuño ás 23:59 horas. A cuota de inscripción é de 10,00 €. Os atletas participarán cos dorsais e chip que se entregarán o 22 de xuño na tenda DECATHLON do Parque Comercial do Meixoeiro en horario de 12:00 a 14:00 y de 18:00 a 21:00, e o 23 de xuño de 19:00 a 20:15 na Lonxa do Concello de Vigo (Praza do Rei).

A Organización entregará un xamón ó primeiro e á primeira da clasificación xeral, e unha paletilla ós/ás primeiras/os de cada categoría agás os vencedores absolutos. Haberá un sorteo de agasallos entre as/os participantes. Tamén haberá sardiñas asadas para as/os participantes ó remate da carreira, recibindo un tícket á entrada en meta para dita sardiñada.

Máis

Hora

23 xuño, 2024 21:00(GMT+02:00)

Localización

Praza do Rei

Praza do Rei 36202 Vigo Pontevedra

Other Events