Carolina Durante + Dj Florent y Yo – A Movida

novembro, 2018

24nov22:00Carolina Durante + Dj Florent y YoCONCERTO | Desde 5,00€22:00 La Fábrica de Chocolate

Máis

Detalles do evento

Carolina Durante

Diego (voz), Martín (baixo), Juan (batería), e Mario (guitarra) conseguiron devolver ás guitarras ao lugar do que nunca deberían marcharse, á xuventude.

Himnos absolutos, retratos dunha vida curta pero intensa, contada a través dunhas letras cuspidas á cara, sen complexos: coa voz alta, que se entenda, que se oia, e chéguenos moi dentro. Xa era hora de que volvese ocorrer algo así nesta cidade.

Examiga é a continuación de Necromántico, un EP que, aparte conter o himno viral Cayetano, confirma o pleno de Carolina Durante: seis de seis, ningunha canción mediocre, seis xoias absolutas que pasarán a historia como o comezo de, esperemos, algo moi grande.

Dj Florent y Yo (Los Planetas/Los Pilotos)

Florentino Muñoz é guitarra de Los Planetas. O máis famoso guitarra do máis importante grupo de indie pop de España invítate a unha viaxe polo máis sagrado da música. Cada vez máis consolidado na súa faceta de Dj, tralos platos dá mostra da súa rebeldía e sensibilidade levándonos da emoción á contorsión nunhas sesións, sempre diferentes e personais, cargadas de enerxía contaxiosa.

Hora

(Sádado) 22:00

Lugar

La Fábrica de Chocolate

Calle de Rogelio Abalde 22, 36201, Vigo, Pontevedra, 36201 Vigo, Pontevedra

X