REVISTA ABRIL

Literatura e danza na presentación do libro 'Carolina' de Alberto Canal

02feb20:00Literatura e danza na presentación do libro 'Carolina' de Alberto CanalACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+01:00) Librouro

Detalles do eventos

 A libraría Librouro de Vigo acollerá este xoves ás 20.00 horas a presentación da obra Carolina, de Alberto Canal, publicado por Edicións Xerais de Galicia cun espectáculo de danza,  música e narrativa que pretende achegarnos dun modo orixinal as liñas dramáticas do relato protagonizado pola maquis Carolina Ernau. 

    Farao convertida por un par de horas nun ‘inferniño’, en lembranza das trastendas das librarías onde, durante a época franquista, se trasfegaba con libros prohibidos, dado que esta temática é un dos fíos dramáticos que vertebran a narración. Segundo comenta o autor, “este é un xeito creativo de achegarse aos lectores e provocar neles unha emoción que os familiarice co contido e os protagonistas do relato. Tratamos de reproducir con luz de candeas ese ambiente clandestino das librarías de antano onde trasfegaban con libros prohibidos e recrear un escenario intimista que nos conecte co mundo dos libros en xeral e especialmente coa pegada que estes, ao longo da vida, van deixando en nós”. En Carolina, Alberto Canal conta as peripecias que lle van ocorrendo ao xornalista Tomás Abilleira mentres, na compaña da enxeñeira octoxenaria Rosalía Mera, investiga a vida dunha maquis do Macizo Central que non quixo selo e que era unha gran amante dos libros, motivo polo que, tanto ela como a súa nai, a mestra Elvira, foron perseguidas.

Máis

Hora

(Xoves) 20:00(GMT+01:00)

Localización

Librouro

Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events